Silleda renova o peche do parque da praza Juan Salgueiro

0

Silleda, 29 de marzo do 2018 –  O Concello de Silleda vén de iniciar os traballos de mellora no parque da Praza Juan Salgueiro de Silleda (antiga praza da Feira Vella), substituíndo todo o valado exterior da zona de xogo infantil.

A praza de Juan Salgueiro conta con máis de 50 metros de valla, que se repón co ánimo de mellorar este parque. Con esta actuación o Concello inicia obras para mellorar as zonas de ocio tendo en conta que esta praza é unha das máis concorridas da vila. Según o concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey “Logo de renovar o parque da praza da Igrexa e do Bandeira con esta actuación seguimos apostando por mellorar os parques infantís do municipio”.

Nas últimas semanas tamén se levaron a cabo outras melloras no ámbito do mobiliario urbano en Silleda e na Bandeira, coa reposición de bancos e papeleiras, entre outros. Tamén no parque municipal das Pedrosas, onde se estrenou a rede de iluminación e novos sendeiros e se procedeu á limpeza da cancha da baloncesto por parte do servizo municipal de xardinería. “De cara á primavera estamos a preparar os espazos de ocio e lecer para disfrute dos veciños e veciñas”, indica o concelleiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial