Silleda renovará o convenio  co Obradoiro CAB

0

Silleda, 17 de xuño do 2019 – O concello de Silleda busca renovar o acordo alcanzado co Obradoiro CAB para seguir sendo sede do equipo filial.

O director xeral do Obradoiro CAB, José Luis Mateo, o alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Deportes, Ana Luisa González, mantiveron en días pasados un encontro para a renovación da colaboración que se iniciou xa na tempada 2017-2018.  Nos vindeiros días está previsto pechar o acordo que incluirá, coma o pasado ano, a xestión da Escola de Baloncesto de Silleda.

silleda acordo obradoiro cabAsí mesmo, o equipo filial, que ascendeu de novo a Liga EBA, continuará tendo a súa sede no pavillón silledense.  “Nos vindeiros días avanzaremos con novas reunión na renovación deste convenio, que supuxo un fito para Silleda e polo que queremos seguir apostando”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial