“Normas para saber vivir na sociedade actual” de Sarabela Teatro este domingo en Silleda

0

Silleda, 16 de outubro do 2019 – A programación cultural de Outono deseñada pola Concellería de Cultura de Silleda recibe este domingo a Sarabela Teatro no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira a partir das nove da noite.

Sarabela Teatro porá en escea “Normas para saber vivir na sociedade actual”, unha obra Escrita en 1993 por Jean Luc Lagarce, o autor contemporáneo máis representado en Francia, qie parte dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente baronesa de Staffle, quen de forma sutil da instrucións como sobre comportarse, poñendo en ridículo os convencionalismos modernos.  A proposta escénica, baixo a forma dun divertimento irónico agocha unha feroz crítica a unha sociedade chea de normas e hipocrisías.

Sarabela TeatroAdaptada a cinco voces e con música en escea, a obra fai un  percorrido  pola vida desde o nacemento ata a morte. O elenco está formado por 4 coñecidos actores e actrices:  Fina Calleja, Sabela Gago, Elena Seijo, e Fernando Dacosta e polo músico Vadzim Yukhnevich .

A obra, dirixida por Ánxeles Cuña, con coreografías de Beatriz Pérez e Escenografía e iluminación a cargo de Baltasar Patiño,  está recomendada para o público a partir de 11 anos.

Dende a concellería de Cultura convídase ao público a achegarse a esta hilarante proposta teatral da compañía que no ano 2017 recibiu o Premio da Cultura Galega das Artes Escénicas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial