Nova edición da XGN R Encounter

0

Silleda, 11 de outubro do 2019 – Hoxe comeza no recinto da Semana Verde de Galicia, en Silleda, unha nova edición da party lan XGN R Encounter con cerca dun milleiro de persoas anotadas.

A  XGN  R  Encounter chega a súa  decimonovena edición crecendo un 12% no número de usuarios dispostos a usar a intranet do encontro. Estes dispoñerán dun posto para o seu equipo informático con dereito a acampar no interior do pavillón e tamén a gozar dun amplo programa de propostas e torneos exclusivos.

XGN R EncounterColaboracionismo

Aprendizaxe, intercambio de experiencias e diversión serán os eixos dunha cita á que acoden tanto afeccionados como profesionais da informática, o lecer electrónico e as novas tecnoloxías de 23 provincias, o que reflicte o crecemento da  party e o seu coñecemento fóra de Galicia. Todos eles poderán navegar grazas a  R a unha velocidade de 20  Gbps, o dobre que na pasada edición.

XGN R EncounterA  party tamén volverá contar coa ‘ Extranet’, unha zona cun completo programa ao que poderán acceder @gratuitamente os rexistrados e tamén os visitantes que se acheguen ao recinto de Silleda. Un espazo que conta cada vez con máis asistentes que queren experimentar, divertirse e escoitar a expertos do sector.

A  XGN  R  Encounter segue así avanzando para converterse na segunda  lanparty máis importante do Estado. Un obxectivo no que ten gran peso a súa vinculación coa rede de ‘ Encounters’ da Fundación  Euskaltel, que vén desenvolvéndose desde hai máis de 25 anos, e da que forman parte a  Euskal  Encounter, a  Gipuzkoa  Encounter, a  Araba  Encounter e a  Technium  R  Encounter de Ourense.

Máis actividades

XGN R EncounterEste evento conta con numerosas actividades dirixidas exclusivamente aos rexistrados, como concursos de arte dixital nas súas tres vertentes, creación de imaxes dixitais, música dixital e programación. Ademais, o ‘hardware’ contará con numerosas actividades, entre elas modificación e personalización de equipos, ‘granxas’ de impresoras 3D e zonas de realidade virtual orientadas unicamente a estes participantes. Sumaranse os torneos de videoxogos, que nesta ocasión aumentan un 25% os seus títulos e inclúen estilos para todos os gustos. Ademais, haberá outras actividades tan divertidas como o “3 en  pong”, a “ teletienda”, o “ trabaparty”, o “salto, salto…pedra, papel, tesoira” ou o “ cutreatro”

Por outra banda, tanto para os rexistrados como para os visitantes á  Extranet haberá moitas outras actividades. Destacará a proposta de realidade mixta, que combina a realidade virtual cun escenario con partes reais, o cal supón unha inmersión total. Nesta edición aumentáronse espazo e salas, e nelas poderán vivirse experiencias como camiñar por encima de edificios nunha gran cidade, mergullarse baixo o mar ou voar sobre un  dragón.

XGN R EncounterSumaranse a elas distintas conferencias con títulos tan atractivos como “Claves para que o teu negocio triunfe na internet”, “Seguridade e privacidade na rede”, “Mamá, mamá, quero ser  hacker”, “Desenvolvemento de software no século  XXI: converte a túa paixón na túa profesión”, “Introdución ao  hacking de videoxogos” e “ Ivao, presente e futuro”.

Tamén haberá talleres, como “crea  R” de robótica, onde os nenos poderán iniciarse na montaxe destes enxeños electrónicos nunha iniciativa enmarcada no programa  Digitalent da AMTEGA, e os de  chovafoam, material para o vestiario de  cosplay (actividade consistente en usar disfraces e accesorios para representar un personaxe de videoxogo, cinema, manga ou cómic).  R tamén pon en marcha este ano unha xornada dedicada ás empresas, na que un experto en redes sociais ofrecerá pautas e consellos ás pemes para comunicar ben na internet e un emprendedor socio tecnolóxico de  R expoñerá como sacou adiante a súa aventura empresarial.

As propostas continuarán con xogos de mesa, xadrez, billar, pistas deportivas, zona de consolas, campionato de karting, partidos de fútbol burbulla, un rocódromo, unha exposición de figuras de ciencia ficción, un concurso de  cosplay ou zonas de rol,  nerf e  wargame.

En total serán máis de 70 as actividades dun programa que crece respecto a a pasada edición co obxectivo de que a  XGN  R  Encounter siga gañando en atractivo tanto para os rexistrados como para os visitantes.

A  Feira Internacional de Galicia ABANCA conta de novo nesta cita co respaldo da Consellería de Política Social, impulsora do evento, e, por terceiro ano consecutivo, coa colaboración e patrocinio da empresa  R.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial