Silleda pinta as sendas de O Castro

0

Silleda, 12 de abril do 2017 –  Onte deron comezo as obras de pintado das sendas peonís que unen a  rúa da estación co  tramo de beirarrúas de O Castro, na marxe dereita da estrada PO- 211 en dirección a Breixa en Silleda.

O proxecto de Silleda inclúe ademais carril bici ata o acceso ás pistas deportivas municipais de tenis e pádel e supuxo unha inversión de 150.000 euros.

Esta dotación era unha das obras previstas no programa do goberno municipal, para reforzar a seguridade nesta zona, sobre todo tendo en conta o número de usuarios que se achegan ata as pistas deportivas, e para ampliar o circuíto peonil nas aforas da vila de Silleda

Nesta semana quedarán listos os traballos, logo de proceder ao pintado de todo o tramo e ao axardinamento nalgún das zonas das sendas para embelecer a zona interior.

Con esta actuación complétase tamén o  circuíto peonil periurbano, que se mellorou o pasado ano coa nova dotación na estrada de Vilanova, ou o remate de beirarrúas no tramo de Morón, entre outras actuación que se levaron a cabo nos últimos anos.

“Era unha obra moi agardada que nos vindeiros días estará totalmente rematada para disfrute dos veciños e para reforzar a seguridade viaria nesta zona”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial