Silleda Solidaria agradece as doazóns realizadas nas últimas semanas

0

Silleda, 4 de xaneiro do 2018 – O programa municipal  Silleda Solidaria quere agradecer as aportacións realizadas nas últimas semanas por distintas empresas e entidades.

Ademais da recadación que se levou a cabo en distintas actividades municipais dentro da programación de Nadal, nestas datas Silleda Solidaria recibiu doazóns do Restaurante O Camiño, que mercou alimentos cos cartos dun bingo solidario; do Hotel Vía Argentum, que aportou distintos suministros ao banco de alimentos, da Escola de Fútbol de Silleda, que recolleu ademais de doazóns económicas alimentos e xoguetes no Torneo Solidario de Fútbol Biberón; e da S.D Bandeira, que tamén recolleu xoguetes no seu torneo celebrado o pasado sábado.

 “Dende o programa municipal Silleda Solidaria queremos agradecer a participación de todos eles e das persoas que coa súa solidariedade participaron nestes actos. Coa súa axuda todos continuarán contribuíndo á manutención das familias usuarias do banco de alimentos e a manter a ilusión nestas datas con agasallos” , indica a concelleira de Benestar Social, Pilar Peón, que agradece do mesmo xeito todas as aportacións que se están a recibir dende a posta en marcha do programa ao longo de todo o ano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies