Silleda Solidaria pon en marcha a campaña Un agasallo, un sorriso

0

Silleda, 5 de decembro do 2017 –  O programa municipal Silleda Solidaria vén de poñen en marcha a campaña  Un agasallo, un sorriso para que todos os nenos do Concello poidan disfrutar do Nadal.

Un agasallo un sorriso lembra que todo o doado debe ser novo. Recolleranse xoguetes, material escolar, material de hixiene e cosmética e calquera outra doazón que se considere oportuna para esta campaña, sempre que se trate de produtos novos,  non usados.

Estes regalos, como en anos anteriores, entregaranse aos nenos das familias con menos recursos durante este Nadal. Todo o doado deberá entregarse nas dependencias de Benestar Social de Silleda, no Centro Social.

A concelleira Pili Peón agradece de antemán a colaboración de todos os veciños e veciñas e entidades que cada ano “participan de xeito desinteresado con esta iniciativa facendo que ningún neno se quede sen agasallo neste Nadal”, engade.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies