O alumado do ciclo de comercio colabora de novo co programa Silleda Solidaria

0

Silleda, 22 de Nadal do 2017 – O alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do IES Pintor Colmeiro de Silleda colaborou, un ano mais, coa campaña Un agasallo, un sorriso, posto en marcha dende a Concellería de Benestar Social a  través do programa Silleda Solidaria e a educadora social.

A concelleira Pilar Peón recolleu no IES os agasallos que foron depositados neste centro educativo ao longo dos últimos días no marco da citada campaña. Todos eles foron empaquetados polos alumnos e alumnas do ciclo.

Pilar Peón agradeceu o traballo realizado polos rapaces e tamén “o xesto solidario de todas as persoas que colaboraron aportando xoguetes e outros agasallos para as familias con menos recursos neste Nadal”, engade.

Estes agasallos sumaranse aos recollidos no departamento de Benestar e ás doazóns que se recollen en distintos eventos do programa de Nadal, caso do torneo solidario de fútbol biberón que terá lugar este sábado no pavillón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial