Silleda sumarase ao pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía

0

Silleda, 26 de marzo do 2019 –  O Concello de Silleda ten previsto sumarse á proposta denominada Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía, promovida por UE para loitar contra o cambio climático.

O Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía será levado ao pleno ordinario que se celebrará o vindeiro luns 1 de abril (10:00 horas), a raíz da proposta formulada dende a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería do Medio Ambiente.

“Propoñemos aprobar a adhesión do Concello de Silleda a esta iniciativa que consideramos de sumo interés á vista de problemas como as emisións de CO2 e da necesidade de plantexar accións en pro das enerxías sostibles e da eficiencia enerxética, algo que en Silleda xa fixemos con apostas fortes como a Rede de Calor con Biomasa”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Coa adhesión a este plan o Concello de Silleda, co apoio do Centro de Asistencia a Concellos, elaborará un plan de acción para a enerxía sostible e o clima que inclúe un inventario de referencia de emisións ou unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático, entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial