Silleda terá 7 áreas de traballo

0

Silleda, 21 de xuño do 2019 – Silleda ven de dar a coñecer as área de traballo para esta lexislatura que se adaptan, en número,  aos sete concelleiros do grupo municipal.

O alcalde, Manuel Cuiña, continuará coas atribucións en Economía e Facenda, Seguridade, Réxime Interior e encargarase tamén de xeito directo dos grandes proxectos que se tramiten dende o Concello. A primeira tenencia de Alcaldía será asumida por Mónica González Conde, que será ademais responsable das áreas de traballo en Cultura, Turismo, e Deporte, e continuará encargándose da Comunicación.

Ángela Troitiño Gil será a segunda tenente de Alcalde, e asume as compoetencias de Benestar Social, Igualdade, Educación, Sanidade, Xuventude e Normalización Lingüística. Unha das novidades do executivo silledense será a asignación a Pili Peón Iglesias das áreas de Urbanismo, Emprego, Persoal e Comercio.

Jesús Taboada Lázara continuará como na pasada lexislatura coas funcións como responsable de Medio Rural, e Klaus Brey Montaña tamén continuará coas de Medio Ambiente e Servizos, ademais de asumir as atribucións de Industria. O departamento de Vías e Obras será coordinado por Antonio Ferro Losada, na concellería dende a que se abordarán as tarefas de mantemento por parte da Administración local.

Dende a Alcaldía estase a barallar tamén como data máis probable para o pleno de Organización, no que se establecerán todas estas cuestións así coma as relativas ao funcionamento da entidade local, para o vindeiro martes día 25. “Nos vindeiros días daremos a coñecer cuestións coma o reparto das dedicacións, que estamos acabando de perfilar”, indica Manuel Cuiña” e engade que  “Todos e cada un dos membros deste goberno terán responsabilidade na xestión diaria municipal”.

Este  mércores o alcalde mantivo un encontro para seguir traballando na definición das áreas e perfilar cuestións coma o persoal asignado a cada unha delas e outras máis urxentes relativas ao funcionamento do Concello para as vindeiras semanas.

“Temos por diante retos coma a aprobación do PXOM, grandes proxecto como a construcción da piscina climatizada, así como traballar para seguir mellorando o noso rural e os servizos para todos os veciños e veciñas de Silleda”, remarca o rexedor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial