Silleda terá o seu viveiro de empresas

0

Silleda, 16 de abril do 2019 – O polígono industrial Área 33 de Silleda contará antes de que remate o ano co ansiado viveiro de empresas na parcela de titularidade municipal.

A Xunta de Galicia comunicou a resolución da subvención, polo máximo subvencionable, un total de 240.000 euros, ao proxecto de viveiro de empresas presentado polo goberno municipal, o único de toda a provincia de Pontevedra das 9 iniciativas aprobadas.

O alcalde, Manuel Cuiña, amosou a súa satisfacción por esta achega “que nos permitirá continuar mellorando o polígono industrial como xa vimos facendo nos últimos anos a través das liñas de subvención da Administración autonómica, e que virá a dar resposta a unha das grandes demandas do colectivo de empresarios”, engade.

O rexedor confirmou que a obra se executará pese a que os prazos son axustados (deberá de estar rematada a finais de outubro), “pero xa demostramos coa execución doutras obras como a Rede de Calor, sendo os únicos que nos atrevemos a materializar proxectos desa convocatoria en Galicia, que estamos en disposición de asumilo”, engadiu.

Para Cuiña, o feito non só de recibir a cantidade máxima subvencionable, senon tamén de ser o único proxecto da provincia de Pontevedra, “demostra que as cousas se fixeron ben, e que non vendemos fume, como afirmaba o voceiro do PP silledense ao que tanto xogo lle de unos últimos meses esta actuación”, di o rexedor.

Cuiña lamenta “que pese ás explicacións que demos no seu momento, o PP seguira erre que erre criticándonos nos últimos meses por renunciar no seu momento  a unha axuda de 20. 849 euros, o que non chegaba nin ao 10% do total do traballo. Se non fora así, agora sí que teriamos perdido 210.000 euros”, indica o alcalde lembrando que “o señor Maril nos acusou no seu día de actuar con incapacidade e deixadez na tramitación deste proxecto, e vendo como pleno tras pleno seguía coa letanía dos requerimentos….. “

“Esperamos que esta resolución lle sirva ao voceiro do PP para ilustrar , dunha vez por todas, a boa xestión e o traballo que se está a facer dende o Concello de Silleda, e por suposto a capacidade dos técnicos municipais que redactaron e tramitaron o proxecto, algo que tamén tristemente vén poñendo en dúbida nos últimos tempos”, engade.

Un proxecto de máis de 350.000 €

O proxecto presentado polo Concello de Silleda conta cun  edificio na parcela municipal situada xunto á rotonda do parque, que se levantará integrándose coa actual nave municipal sita nesta parcela. Este novo edificio serviría como sede para novas empresas tecnolóxicas ou de servizos, permitindo a persoas emprendedoras a posibilidade de contar cun espazo de traballo.

Do mesmo xeito, tamén se plantexa como lugar de encontro e reunión entre distintos profesionais.

O novo edificio proxéctase cunha estrutura de planta baixa, en forma de “L”, e adxacente á nave que xa existe na parcela municipal, xunto á rotonda do parque empresarial.

O deseño permitiría incluso unha futura ampliación cunha nova planta nunha seguinte fase.

O proxecto contempla espazos como unha cafetería, vinculada ao acceso principal, despachos para as empresas, salón de actos, e aseos accesibles.

 “Plantéxase a construcción dunha estrutura modular que permitiría, se fose necesario, ir ampliando o edificio para acoller novos servizos”, indica o alcalde Manuel Cuiña.  O orzamento estipulado no proxecto e de 349.085 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial