займ срочно

Silleda incorpora ao parque móbil municipal un novo tractor

0

Silleda, 21 de Nadal do 2017 – O Concello de Silleda vén de incorporar ao parque móbil municipal un novo tractor, a través dun convenio coa  Consellería de Medio rural.

Este novo equipamento complétase con dúas desbrozadoras (unha de arrastre e outra de brazo). A compra foi adxudicada á firma Maxi Deza, que presentou a mellor oferta das solicitadas, cun importe de 97.800 euros.

O convenio enmarcase nas tarefas de desbroce de infraestruturas rurais, as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e determinadas parcelas de titularidade municipal. O novo equipamento cofinanciase entre as dúas administración, aportando as arcas municipais o importe correspondente ao IVE.  Esta medida complementa outras iniciativas coma o convenio para a prevención e defensa contra incendios forestais.

“Con esta nova dotación melloraremos o servizo de limpeza viaria no rural, cunha extensa rede de pistas”, indica o alcalde, que hoxe se achegou ata o polígono empresarial para recibir o novo equipamento de maquinaria xunto co concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, e o titular de Medio Rural, Jesús Taboada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies