Silleda recibe da Unión Europea cerca de 700.000 euros para humanizar a rúa Progreso

0

Silleda, 31 de agosto do 2020 – Silleda elixida pola Unión Europea dentro das subvencións a proxectos singulares que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono.

Silleda recibirá 681.593,32 euros a través do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE). O concello presentouse para a financiación do 80%  do investimento proposto na remodelación da rúa Progreso, tendo en conta cuestións coma o aforro enerxético e a redución de emisións de CO2.

Silleda remodelación rúa Progreso

Imaxe do 2017 cando se eliminou un valado da rúa

Dende o Concello de Silleda encargarase nos vindeiros días a redacción do proxecto, “que estará aberto ás opinións da cidadanía, respectando as propostas do Plan de Mobilidade Urbana Sostible e tendo en conta o aforro enerxético”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

A proposta presentada a esta convocatoria, recolle na  memoria remitida para a subvención un avance da remodelación, con plataforma única e beirarrúas máis amplas, limitando o tráfico a 30 km/h, e deixando estacionamento só por unha marxe, ademais de renovar pavimentos, mobiliario urbano e luminarias.

Por outra banda, dende o goberno municipal xa se está a negociar cos propietarios de varios solares a dotación de zonas de estacionamento alternativo para esta céntrica zona.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial