Mellorado o vial de acceso á zona oeste do recinto da Semana Verde

0

Silleda, 15 de novembro do 2017 – O Concello de Silleda continúa mellorando a rede viaria do municipio e ven de rematar do vial de acceso, pola zona oeste, ao recinto feiral da Semana Verde de Galicia.

Este vial parte de cerca da avenida da Estación e continua ata a zona deportiva e escolar da vila de Silleda. “Trátase dun vial moi utilizado polos veciños e veciñas e tamén polos visitantes que se achegan ata o recinto ferial e que agora quedou arranxado logo de acumular distintos desperfectos nos últimos anos”, explica o alcalde Manuel Cuiña.

A inversión na mellora do firme superou os 41.000 euros, contando para elo cunha subvención de 33.054,42 euros da Dirección Xeral de Administración Local para a Mellora de Infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. Entre outros nesta zona figuran ademais das instalacións deportivas municipais e do propio recinto feiral , o CEIP de Silleda, Escola Infantil A Galiña Azul, ou Escola de Música.

Ademais de renovarse o firme de todo o tramo tamén se procedeu ao pintado deste viario situado na parte oeste do recinto feiral.

Con este proxecto, complétase tamén a mellora das rúas da periferia de Silleda nesta zona, logo de que en 2015 se realizara a intervención do acceso por Vilanova, creando tamén un circuito de sendas peonís e que o pasado ano se dotara de sendas a estrada de O Castro.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies