Silleda rexistrou 5 casos de violencia de xénero no último semestre

0

Silleda, 30 de marzo do 2017 – A  Mesa Local de Coordinación para a Erradicación da Violencia de Xénero creada en 2009 en Silleda para abordar dende diferentes áreas e Administracións a Violencia contra as mulleres, mantivo unha nova xuntanza.

Baixo a presidencia da concelleira de Igualdade, Pilar Peón, os representantes de distintas institucións analizaron e puxeron en común distintas cuestións e problemáticas.

Ademais de falar de novidades en materia de xénero, dende o Centro de Información á Muller (CIM) da Concellería de Igualdade, a directora e a psicóloga, Carmen Miranda e Anxos García, deron conta da programación anual e os calendarios de actuación previstos para 2017 en Silleda, con actividades que entre outros teñen como destinatarios a comunidade educativa, para a realización de accións preventivas.

Tamén se solicitou a aportación dos distintos organismos ao IV Plan de Igualdade do Concello de Silleda, que se está xa elaborando. Por outra banda durante a xuntanza fíxose entrega de exemplares da publicación “Manual de Prevención da Mutilación Xenital Feminina. Boas Prácticas” que se enviará entre outros a centros educativos e ao Centro de Emerxencias de Vigo (Cemvi) representado na Mesa de Silleda por Elena Molanes.

Así mesmo, os integrantes da Mesa analizaron e puxeron en común os datos sobre os 5 casos de violencia de xénero acaecidos en Silleda nos últimos seis meses, con senllas ordes de alonxamento. As 5 vítimas son de nacionalidade española.

Na reunión estiveron tamén presentes Paz Pérez, Xefa da Unidade contra a Violencia á Muller; Javier Quiroga, Xefe do Grupo contra a Violencia de Xénero da Policía Xudicial; Daniel Ríos, sarxento da Garda Civil de Silleda; José Manuel García, inspector da Policía Local de Silleda e Beatriz Cuiña, traballadora social do Concello de Silleda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial