Silleda vive o Nadal na fin de semana

0

Silleda, 20 de decembro do 2018 –   Silleda encara unha fin de semana chea de actividades no marco do Programa de Nadal. Hoxe mesmo haberá obradoiro de faroliños na Casa da Xuventude e unha demostración gastronómica de Nadal en Vista Alegre.

Mañá venres máis de 100 persoas participarán nunha nova Xuntanza de Nadal dos maiores, no restaurante Coteliño. Nesta mesma xornada terá lugar a partir das 16:00 horas o torneo de tenis de mesa (na Casa da Xuventude) e na praza da Igrexa arrancará tamén a cita de Cáritas Parroquial, “Dulce Navidad” , coa que colabora o Concello de Silleda coa aportación de casetas para a exposición e venda de produtos, e que continuará toda a fin de semana.

O sábado 22 ás 12:00 horas terá lugar na sala anexa ao Auditorio Semana Verde a presentación da obra “As Ramonas”, da silledense Ana Cabaleiro, a novela gañadora do premio García Barros deste ano. A música completará a xornada ás 19:30 horas co Festival de Nadal da Coral Polifónica Trasdeza.

O torneo solidario de fútbol sala “biberón”, previsto para o sábado, quedou finalmente aprazado por motivos de axenda, pendente de celebrarse en datas próximas.

Panxoliñas e a historia do Apalpador

O domingo na Casa da Cultura terá lugar unha cita para disfrutar dos títeres en familia con Fantoches BAj e O castiñeiro do Apalpador (12:00 horas) e a continuación na praza da Igrexa, no marco da cita con Cáritas terá lugar un certame de panxoliñas (13:00 horas).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial