займ срочно

Silleda pide a Xunta máis horas para dependencia

0

Silleda, 13 de agosto do 2018 – A Concellaría de Benestar Social do concello de Silleda ven de solicitar a Xunta de Galicia a concesión de máis horas do Servizo de Axuda no Fogar na modalidade de dependencia.

Según a concelleira Pilar Peón, Silleda ten na actualidade concedidas 2.557 horas de dependencia e desde xaneiro so se incorporaron dúas persoas máis o que resulta insuficiente xa que “Temos en lista de agarda a un total de 46 persas, dos que 10 están valorados cunha dependencia en grado III, aos que hai que sumar persoas que aínda non foron valoradas”.

O concello precisa 944 horas máis ao mes para que tódolos demandantes poidan acceder ao servizo “Todo isto deixa aos nosos maiores e dependentes así como aos seus coidadores/as sumidos nun alto nivel de desprotección, lonxe do que pretendía ser a Lei de Dependencia de 2014”, explica a concelleira.

A día de hoxe a poboación do municipio maior de 65 anos supón arredor do 29% do total de habitantes de Silleda “Agardamos que a Xunta de Galicia, que vén de anunciar un aumento do gasto para atender aos nosos dependentes, teña en conta esta solicitude para que poidamos prestar un servizo básico para a cidadanía”, engade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies