займ срочно

Preguntan pola situación das marquesiñas con publicidade de Santiago

0

Compostela, 25 de febreiro do 2021 – O Partido Popular pedirá explicacións pola situación contractual das marquesiñas con publicidade e muppis situados en Santiago.

O uso das marquesiñas, muppis e transporte público como soporte publicitario forma parte dun contrato que extinguiuse no mes de maio do ano 2009. O popular Ramón Quiroga leva ao pleno que se celebra hoxe unha petición de explicacións sobre a situación en que se atopa está cuestión.

Confirmación en xaneiro do 2020

Hai un ano, en xaneiro do 2020, a Xunta de Goberno local aprobou declarar formalmente a extinción da relación contractual formalizada coa empresa Clear Channel SLU con efectos de maio de 2009 e, na súa virtude, declarar a inexistencia de título válido que lexitime a ocupación de dominio público con marquesiñas urbanas e muppis por parte da citada empresa.

No acordo tomábase en consideración a proposta da empresa de facer entrega ao Concello dos referidos bens, cesión que foi aceptada sen que procedera o pagamento de ningunha cantidade. A motivación do acordo amparábase en razóns de interese público, ao considerar que eses elementos continuarían a ser utilizadas polos usuarios do transporte ata o momento en que o Concello outorgara unha nova autorización ou concesión sobre o dominio público “que, en atención á tramitación que implica, non se producirá antes de seis meses”.

Transcorrido máis de un ano do acordo do Goberno e máis dos seis meses sinalados para unha posible nova autorización ou concesión sobre o dominio público, Ramón Quiroga sinala que “a realidade é que neste momento non se coñece que se tivera licitado o novo contrato nin como se está a xestionar a publicidade incorporada nas marquesiñas urbanas e nos muppis que se estenden polo termo municipal”, polo que considera que o Grupo de goberno ten que explicar cal é a situación actual destes elementos vinculados ao transporte público urbano de viaxeiros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies