Sobreseída a acusación de malversación contra o goberno de Oroso

0

Oroso, 17 de abril do 2019 – O xulgado de instrución número 2 de Ordes decretou o sobreseemento da causa aberta por unhas obras para instalar unha tarima na igrexa de San Román de Pasarelos quelevou o goberno municipal ao banquillo.

 O xulgado considera que non hai ningún tipo de delito nin malversación nos feitos. Según o alcalde, Manuel Mirás, “Non tiñamos nada que agochar e por iso tanto o xuíz como o fiscal din que non hai nada; os traballos consistiron na instalación dunha tarima na igrexa de San Román, pero a empresa que realizou a obra cometeu un erro na redacción da factura e en vez de igrexa de San Román puxo local social de San Román. Iso foi todo”.

Para o rexedor “É lamentable xudicializar a vida política desta maneira, pedindo explicacións nun xulgado co único obxectivo de danar a miña imaxe e a do grupo de goberno, o único que queren o señor Doval e o PP é gañar votos con mentiras e difamacións, con denuncias sen ningún tipo de fundamento. Foi unha obra demandada polos veciños e feita nun ben patrimonial de interese xeral, como é a igrexa de San Román de Pasarelos; falamos dun tema menor, a obra consistiu na instalación dunha tarima de 12 metros cuadrados”, engade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial