займ срочно

Os socialista de  Silleda  esixen á Xunta que redefina a situación dos CIM

0

Silleda, 27 de xaneiro do 2017 (fonte Psoe Silleda) – A agrupación socialista de Silleda esixe á Xunta de Galicia, a única que ten competencias nesta materia, que asuma a configuración  dunha rede integral, sostible, permanente e equilibrada dos Centro de Información da Muller en todos os concellos da provincia.

O Psoe demanda que todas as mulleres, independentemente de onde vivan, teñan acceso aos mesmos servizos e non corran riscos polas dificultades dos concellos para prestar un servizo básico como é a información e asesoramento á muller.

O grupo municipal acaba de presentar unha moción ao pleno do concello na que lle pide á Xunta de Galicia que fixe unha rede de centros para o asesoramento á muller de xeito permanente e sostible no tempo.

Asegura que na actualidade dos 61 municipios da provincia de Pontevedra so 35 forman parte da rede CIM´s da Xunta, 21 de xeito individual e 14 mancomunados, esquecéndose que  27 concellos de esta provincia  non teñen CIM

Ademáis exixe que a Xunta asegure o  financiamento dos CIM existentes, xa que as axudas que lles chegan aos Concellos non teñen data fixa e varían a contía cada ano, xerando inseguridade no financiamento e dotando de escasos recursos para poder prestar un servizo adecuado que debería incluir inversións en dinamización e prevención da violencia de xénero.

Lamenta que a Xunta de Galicia teña recortado nos orzamentos autonómicos destinados ás accións para a igualdade, protección e promoción da muller, con respecto ó ano 2010, un 16,48%;  o que  amosa o nulo compromiso que ten a administración autonómica coa igualdade de xénero.

No caso concreto dos CIM’S ainda resulta mais vergoñento por que as axudas nos CIM´s están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo ata nun 80%, aportando a Xunta tan so o 20% restante. Piden que a  Xunta de Galicia é dotar de máis recursos a este servizo tan fundamental para garantir os dereitos das mulleres”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies