Os socialistas de O Pino reclama a limpeza de fincas polo perigo de incendios

0

O Pino, 26 de xuño do 2017 – Os Socialistas de O Pino demandan que o concello cumpra coa lei para previr os incendios segundo as competencias que ten atribuídas na materia como administración pública, especialmente no relativo ás distancias e franxas de seguridade.

O Psoe de O Pino denuncia que o Concello, como ente público, ten unha responsabilidade engadida e ten que cumprir e facer cumprir a Lei de Prevención de Incendios “non podemos ter fincas abandonadas e cheas de biomasa vexetal en pleno núcleo urbano ameazando vivendas, albergues e edificacións e, que dende o Concello, non se fagan as mínimas tarefas de prevención” apuntan.

Os socialistas veñen de rexistrar unha moción para o debater na vindeira sesión plenaria, onde solicitan a limpeza das fincas abandonadas e que se respecten as franxas de seguridade das edificacións, vivendas illadas e urbanizacións tal como estipula a normativa. Asi mesmo, lémbranlle, o Alcalde, que a Xunta de Galicia conta con convenios de colaboracións específicos para os consistorios en materia de prevención e defensa dos lumes.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies