займ срочно

Solicitan sancións para Cobre San Rafael, propietaria da mina de Touro, por ilegalidades urbanísticas

0

O Pino, 9 de marzo do 2019 – O concelleiro socialista de O Pino Óscar Vilar ven de solicitar a Axencia Galega de Protección da Legalidade Urbanística sancións contra Cobre San Rafael ao realizar sondaxes nos camiños sen o permiso necesario.

O concelleiro socialista denuncia que Cobre San Rafael realizou feitos ilícitos, e contrarios á legalidade urbanística cando realizou as obras de prospeccións mineiras no lugar do Monte das Minas de Arca – O Pino.

Feitos, que puxo en coñecemento da Administración no pasado mes de maio, e que obrigaron ó Concello de O Pino a incoar un expediente contra a empresa por actuacións ilegais, concretamente sondaxes en vías públicas carecendo das autorizacións, e que, tamén, supuxeron trasladar parte das actuacións á APLU.

Ante a “parálise do goberno local” Vilar decidiu presentar un escrito ante a Axencia Galega manifestando que, en todo o relacionado co urbanismo, rexe a “acción pública” e que en virtude da cal calquera persoa pode dirixirse á administración competente para denunciar unhas obras ilegais  sen necesidade de acreditar un interese lexítimo.

Óscar Vilar tamén indica que “unha vez vistos e estudados todos os informes, incluídos o do arquitecto municipal, o da asistencia técnica contratado polo Concello e incluso o do asesor xurídico do Concello, encargado ó Bufete Roibas Vázquez, todos son contundentes e ratifican a denuncia” apunta.

Por todo iso, non entende, como case un ano despois non se ten redactado a resolución correspondente. Tampouco non entende a demora que está demostrando o Alcalde de O Pino con este asunto, e xa indica que levará o asunto a vindeira sesión plenaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies