Solicitan unha cuberta para a Pista de Pádel de Arca

0

O Pino, 18 de marzo do 2019 – O PSOE de O Pino, atendendo a varias demandas da veciñanza, solicitará na vindeira sesión plenaria que se dote a pista de Pádel de Arca dunha cuberta.

A pista de Pádel de Arca está situada no lugar do Lameiro, xusto ao lado do pavillón e a piscina municipal. É unha instalación de recente creación, pero o estar o aire libre a climatoloxía impide que se poida usar a diario, sobre todo, nos días de choiva, e incluso no verán con alta incidencia do sol, dadas as características deste deporte. Estes problemas foron transmitidos polos veciños e afectados  ao concelleiro socialista, Óscar Vilar, engadindo que vense obrigados a desprazarse a concellos limítrofes para adestrar e xogar .

Obra asumible de pouco custo

Vilar, unha vez estudada a proposta, considera a obra asumible e de pouco custo, manifesta que, “dotar a instalación dunha cuberta consigue tres obxectivos; mellórase a calidade dos servizos para os veciños/as, axuda a que a propia pista non se deteriore polo paso do tempo, é, tamén, que a nosa veciñanza non teña que desprazarse para practicar deporte”.

Por todo iso, espera que iniciativa, vía moción, conte co apoio de todos os grupos, e que a pista, nun breve período de tempo, estea cuberta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial