Mandingo viu onte o segundo spin-off da Saga das Sagas, HAN SOLO: A STAR WARS STORY e polos brincos que foi dando o saíres da sala de proxección, sospeitamos que algo bo vainos contar sobre o último filme que dirixe Ron Howard.

Meus queridos lectores:

Para este, o voso humilde escribano, días como os de onte márcanse a lume na memoria propia, porque merecedes saber, que Mandingo foi unha vez un cativo que no novembro do 1977 viu no extinto Cine Capitol de Compostela, un filme que ía duns robots que tiñan que darlle uns planos dunha estación de combate a un señor velliño que levaba unha batamanta a pesar de vivir nun caluroso deserto. Este adorable ancián, convenceu a un rapaz moi novo para ir con él, xunto a uns contrabandistas (un deles con pinta de bípedo can peludo cunhas cartucheiras cruzándolle o peito coma única vestimenta) para que os leven a unha base chea de soldados con uniformes laranxas. Polo camino teñen que rescatar a unha princesa que ten o mesmo peinado ca Dama de Elche, aínda que é ela a que case remata por salvalos a eles, por que son un pouco paspáns sobre todo o que vai de chulito. E resulta que ese senvergoña é o que nos cae mellor. Tanto que quedou para sempre no Olimpo de heroes míticos da infancia. Ese granuxa facíase chamar Han. Han Solo.

E corenta e un anos despois, voltamos saber del.

Tras moitos quebradeiros de testa durante a rodaxe (a estas alturas xa sabedes o que pasou cos directores orixinais Lord e Miller), recoñezo que fun o cinema un pouco a velas vir, dado a penosa deriva argumental da nova triloxía que a compañía do rato sorrinte está a perpetrar cunha malvada alevosía. Pero afortunadamente, o canon oficial xurdido da mente de George Lucas e terra sacrosanta que non ousan mancillar nas precuelas da triloxía orixinal. Algo semellante ao que disfrutamos coa épica que Gareth Edwards filma no 2016 coa súa memorable ROGUE ONE. Non chega a emocionarnos tanto coma hai dous anos, pero o produto final servido por Ron Howard é moi entretido, cun ritmo moi logrado e cunhas caracterizacións axustados cando menos. Non van peor as interpretacións e os desenrolos das motivacións dos personaxes. Todos cumpren unha función axeitada no devir da historia e non vexo a falla que tanto “hater” otoñal proclama aos catro ventos. Certo é que o carisma de Alden Ehrenreich non é semellante ao do actor Harrison Ford, pero vexo a mesma inxusta comparación que cando dicían que Roger Moore non chegáballe a sola dos zapatos a Sean Connery cando valoraban os seus traballos para meterse na pel do axente 007. A min gostanme os dous. Distintos, sí; pero válenme.

Dadas por boas (moi boas se apurádesme) as cuestións derivadas do apartado actoral, queda por remexer un chisco nos triscadelos que fan os Kasdan (pai e fillo) aos Episodios IV e V e coma engarzan coa nova liña argumental que propoñen neste filme. Cómo podo contalo sen caer no spoiler?. Difícil, pero vouno facer nunca inténtalo, coma diría o Mestre Yoda.

O filme preséntanos a Solo coma un rateiro que “traballa” para unha explotadora de man de obra infantil, no seu planeta natal, Corellia (moi lograda a recreación dos estaleiros onde constrúen os destructores imperiais) que dexesa fuxir coa súa amada Qi´ra (excelente o rol de Emilia Clarke) na búsqueda da felicidade e de mellores oportunidades laboráis. Pero tamén eles teñen que crúzalo muro que impídelles ter un futuro de esperanza. Non sae ben, claro. E aquí paro por que senón vou contar demáis. Só diciros que encantoume a homenaxe que os Kasdan fan nun diálogo que teñen os namorados con outro que vai no Episodio V no Falcon Milenario entre Leia e Han. Embriagadora morriña. Ou cómo amósannos a primeira toma de contacto que acontece entre Han e Chewbacca (descubriremos dunha forma moi divertida coma é que Han entende ao wookie) e xa postos a importancia que ten na lonxana galaxia do idioma castelán. ¡Quén o ía dicir!, pero ben pola Lingua de Cervantes.

Alden Ehrenreich is Han Solo and Joonas Suotamo is Chewbacca in SOLO: A STAR WARS STORY.

Escoitara que a interpretación de Donald Glover esnaquizaba a de Ehrenreich cando compartían plano. Nada máis lonxe da realidade. Compleméntanse moito mellor que, por exemplo, a impostura da falsa amizade entre Poe Dameron e Finn; aínda que a partida de cartas onde Han gaña o Falcón Milenario, está rodada con torpeza, mal editada e engadida para que todo encaixe cos filmes orixinais (como acontece nos derradeiros vinte minutos do Episodio III). Sospeito que esa foi unha das partes que “tiveron que salvar” na nova rodaxe. Puideron facelo moito mellor e sobre todo puideron tomar o seu tempo na metraxe.

En canto aos novos personaxes da saga, visto xá o da “nai de dragóns”, bato as palmas polo boa labor que fai Woody Harrelson co seu Becket. Un actor que o paso dos anos séntalle coma os bos viños. Ten unha especie de tutoría ante o novo rapaz que lémbralle a él cando máis xoven, aínda o que máis gustoume non foi o villano (unha mágoa, segue o Grande Hollywood a non darlle a importancia que merecen na sorte dun filme) senón a moi sentida presenza de Thandie Newton e como muda a súa ollada cando escoita a Han contala súa historia de por qué quere voltar o inferno no que criouse.

Disfrutamos dun novo robot, L3-37 co talento na voz da actriz Phoebe Waller-Bridge, repetindo a fórmula xa vista co K-2SO, non aporta tanto nivel coma o que asinara Alan Tudyk coa súa singular e divertida dicción, pero a loita que ten a mecano polas reivindicacións dos seus conxéneres de I.A. é outro apoio ao que acontece actualmente no mundo do audiovisual. O filme é un espectáculo de acción e aventuras, pero ten máis chicha do que semella e podemos aprecialo nas motivacións que teñen os inimigos que tentan roubala mercadoría que transportan no Falcón Milenario. Tamén gustoume a rabiar o que falan nas dunas (por certo, localizacións de grande achado na illa de Fuerteventura) e o xurdimento dunha nova opción que de esperanza a galaxia.

E non queremos obviar a presenza do Falcón Milenario, auténtico protagonista principal do filme co seu primixenio deseño, a carreira de Kessel que Han fai en 12 parsecs (¡12!), o combate cos Tie Fighter que transpórtanos a eses disparos que fan Luke e Han no Episodio IV cando fuxen dos cazas do Imperio. Podería continuar horas falando de todo o bo que este filme fainos lembrar as producións do 1977 e 1980, pero mellor ide a vela e disfrutádea coma cativos. Vaivos merecer moito a pena.

E para rematar, o encaixe que fan co Episodio I, inesperado pero perfecto para o fandom da segunda triloxía (e para os da primeira tamén, ¡recoiro!),ou o fermoso cameo de Warwick Davis (xa que Kenny Baker está xunto a Carrie Fisher protexéndonos dende o ceo). Vai moito esmero desta vez por querer facelas cousas moito mellor. Máis respeto os siareiros máis veteráns da Saga (e tamén os novos, por que ó final, trátase de quere contar un conto, pero bo. Xa o dicía o grande Billy Wilder: “se non tes historia, nos tes película”).

Certo é que o filme non é redondo nin perfecto e incluso algunhas calidades técnicas son incríblemente erradas, pero esta é unha crítica paixonal, feita co estómago (Mandingo non ten corazón) e xa haberá oportunidade para analizar en vindeiras secuelas aspectos hoxe esquecidos, por que agardo e dexeso que outras dúas películas máis fáganse co noso protagonista favorito da tan, tan lonxana galaxia.

E por se quedaba algunha dúbida… definitivamente, Han, ¡disparou primeiro!.

Share.

3 Comentarios

  1. Película de aventuras muy entretenida. Se pierde un poco en el tercer acto y Emilia Clarke no convence. Referencias a dolor a la saga original para contentar a los fans, cosa casi obligatoria en este tipo de películas.

  2. Carlos Noya Miranda on

    Gran crítica! Fantástica disección sin spoilers inoportunos. A mí también me gustó, lo pasé bien con su buena dosis de aventura y sus guiños a la madre saga. Y yo también estuve en el Capitol: aún se me erizan los pelos cuando pienso en el morro del crucero imperial emergiendo de la pantalla!!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies