Sesión extra de  Solpores no Lagoeiro con Andrés Suárez

0

A Estrada, 17 de setembro do 2020 – A Casa do Lagoeiro celebra a boa acollida entre o público da súa nova programación cultural cun último concerto o próximo día 25 co cantautor Andrés Suárez.

O músico ferrolán chega a Casa do Lagoeiro para presentar o seu octavo disco, Andrés Suárez, publicado no mes de xuño, e logo da suspensión e aprazamento dalgúns dos concertos previstos nas vindeiras semanas. As entradas para esta actuación, que comezará ás 21.00 horas, están xa dispoñibles no web www.enterticket.es.

 A Casa do Lagoeiro iniciou no mes de agosto un novo ciclo de música e humor ao vivo co obxectivo de poder ofrecer, nun espazo singular e ao aire libre, unha experiencia única para a veciñanza da Estrada e de toda Galicia. O xardín do recinto da rúa Vilar converteuse nun escenario de proximidade para figuras recoñecidas do panorama musical e humorístico estatal, como son Rayden, Mikel Erentxun, Luis Piedrahita, Marlango, Fredi Leis, Tanxugueiras, Xoel López e Goyo Jiménez. Todos os concertos leváronse a cabo a ceo aberto cun protocolo específico para garantir a seguridade das artistas, público e persoal. 

Sesión extra de  Solpores no Lagoeiro con Andrés SuárezTras o peche da programación prevista este 2020, Solpores no Lagoeiro ofrece o día 25 unha bóla extra para o público como agasallo pola súa confianza nesta primeira edición. Será unha ocasión especial para dar despedir a tempada estival e dar a benvida ao outono cunha pequena mostra do que será a vindeira edición do ciclo: ademais de poder gozar en directo da música de Andrés Suárez, A Casa do Lagoeiro ofrece nesta ocasión un pequeno pack de experiencias e que inclúe, ademais da entrada ao concerto, unha cea co menú degustación no Restaurante do Lagoeiro e hospedaxe nesta casa de turismo rural. Este pack tamén estará dispoñible a través da plataforma www.enterticket.es.

Cultura segura

Todos os concertos e espectáculos de Solpores no Lagoeiro celébranse no exterior da casa de turismo rural A Casa do Lagoeiro (rúa Vilar, 17), nun xardín preparado especificamente para a ocasión e no que se dan todas as garantías de seguridade para poder gozar da iniciativa á vez que se cumpren os protocolos sanitarios. O espazo conta con indicacións para o tránsito e facilita xel hidroalcohólico para as e os asistentes, que deberán levar mascarilla en todo momento.

Unha vez no recinto, que abre as portas cunha hora e media de antelación ao inicio de cada espectáculo, o público séntase en función dos convivintes ou unidade familiar. Cada grupo, respectando a distancia de seguridade de 1,5 metros que establece o protocolo, conta cunha mesa na que o servizo do Restaurante do Lagoeiro serve as bebidas durante a sesión, á fin de minimizar os movementos do público. As persoas que, ademais do espectáculo, queiran gozar dunha cea no establecemento, deberán facer a súa reserva previamente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial