Piden solucións para os problemas de calefacción do Colexio Castelao de Ordes

0

Ordes, 20 de Nadal do 2017 – O BNG de Ordes ven de instar ao alcalde a solucionar os problemas de calefacción existentes no Colexio Castelao e que non son novos.

Os nacionalistas denuncian que desde fai anos existen problemas de calefacción e humidades en varias aulas do colexio Castelao, o cal provocou que nos últimos días o profesorado recomendase ás familias que levasen aos nenos e nenas ben abrigadas ao centro de ensino.

Pablo Vidal, portavoz do BNG de Ordes, considera “especialmente grave que hoxe en día existan este tipo de problemas nun centro de ensino público, e que ante a falta de solucións, non quede mais remedio que abrigarse”.

Vidal lamenta “a incapacidade do alcalde para solucionar unha situación que levan padecendo durante varios anos o alumnado e o profesorado do colexio Castelao”.

Os nacionalistas presentaran unha moción no próximo pleno municipal, onde instaran ao alcalde a solucionar ditos problemas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial