займ срочно

Son de Val do Dubra denuncia o uso irregular do concello por parte de terra Galega

0

Val do Dubra, 5 de xullo do 2019 – Son de Val do Dubra denuncia a actitude de Óscar del Río, concelleiro de Terra Galega, que asume funcións de tenente de alcalde sen ter delegada ningunha competencia.

Son de Val do Dubra explica que se tratan de graves irregularidades. Tras a investidura do novo alcalde, apoiada por Terra Galega, Óscar del Río actúa de facto como membro do goberno municipal. O certo é que, polo momento, non ten ningunha delegación de atribucións nin existe xunta de goberno local á que poda pertencer.

Son de Val do Dubra puido constatar a súa presenza ordinaria nas dependencias municipais, dispoñendo dun despacho para uso persoal e atención veciñal, e mesmo intentos de intervir na actividade administrativa e do persoal municipal. Lembran que o mero feito de que un/unha concelleiro/a teña votado a favor do Alcalde na sesión de investidura en ningún caso lle outorga, automaticamente, atribucións de goberno nin para a dirección/xestión da administración municipal e dos seus servizos.

para Son trátase dunha situación absolutamente inaceptable que xa se lle ten comunicado á Alcaldía, solicitando o seu cese inmediato, ao tempo que se lle ten advertindo das posibles responsabilidades administrativas e/ou penais/civís nas que puideran ter incorrido, ou incorrer, tanto el como o dito concelleiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies