займ срочно

Sos Sanidade Compostela denuncia o colapso nas urxencias

0

Compostela, 16 de xaneiro do 2017 – A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, súmase a campaña da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, e manifesta a sua preocupación polos colapsos nos servizos de urxencias dos hospitais galegos, motivados polos recortes e a falta de persoal, tanto nos hospitais como en Atención Primaria.

“Ante a saturación dos servizos de urxencias en gran parte dos hospitais públicos galegos como consecuencia da epidemia de gripe desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos denunciar que:

1.- Acumular a pacientes nos corredores atenta contra a dignidade persoal das persoas doentes, ademais de agravar o sufrimento dos mesmos de xeito innecesario.

2.- Esta situación é a consecuencia dos recortes introducidos no SERGAS (coa escusa da crise) do 18,3% nos orzamentos, 447 camas, máis de 392 medicos/as en centros de saúde e 121 en hospitais e a paralización do Plan Mellora de AP que tenia previsto crear 66 novos centros de saúde e mellorar a súa capacidade resolutiva con novos recursos e equipamento

3.- A estes recortes habería que engadir a ausencia de Planificación: As epidemias de gripe son periódicas e estacionais e deberían obrigar aos servizos sanitarios a ter previstos recursos para facerlles fronte.

4.- É intolerable que os recortes dos servizos públicos para rescatar os bancos (en máis de 60.000 millóns de euros como denunciou o Tribunal de Contas) repercuta na saúde da cidadanía, especialmente dos enfermos crónicos e as persoas de maior idade (que curiosamente son bloque electoral do PP).

5.- Esiximos un Plan de Urxencia para abordar as deficiencias de recursos que inclúa a reposición de persoal, camas hospitalarias e centros de saúde, antes que a situación de deterioro sanitario sexa irreversible.

Non é a gripe, son  os recortes”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies