Soulwide e The Last Dance e o segundo concerto de Senza, axenda do Feito a Man

0

Compostela, 4 de agosto do 2018 –  O Feito a Man continúa poñendo a banda sonora a vaga de calor e hoxe ofrece a primeira sesión vermú da programación.

Soulwide

As 13.30 horas en Tras San Fiz de Solovio soará o funky rock de Soulwide. Son unha banda nacida en Santiago de Compostela no ano 2016. Cal é o seu estilo? Chámanlles blues-rock, funk-rock, blues-funk, rock-blues-funk… e por que non, tamén con algún toque de soul e mesmo rock sureño… O que si teñen en claro é que traballan para que sintades o mesmo que eles cando fan a súa música.  Actualmente son banda residente no Brooklyn Rock-Bar Santiago (República Argentina, 50), e teñen cita todos os meses.

Senza

Os portugueses Senza darán o segundo concerto a partir das oito na Virxe da Cerca, no xardín do Pub Momo. Os Senza son unha banda portuguesa cun estilo de música que se guía polas sonoridades dos países lusófonos, unha música do mundo en Portugués, á cal chaman de fusión-lusófona. A xira do álbum “Praia da Independência” tivo un enorme éxito e levou ao grupo a literalmente atravesar o globo, actuando en moitos escenarios en cidades como Goa, Nova Deli, Nova York, Washington, New Bedford, Bombai, Pequín, Díli (Timor-leste), Frankfurt, Bruxelas, Cáceres, Mainz, Poitiers, Saint-Étienne, Porto e Lisboa.

The Last Dance

E a noite rematará, ou comezará según como se mire, con The Last Dance as dez na Praza de San Paio de Antealtares. The Last Dance son un cuarteto enérxico, que fai música con alma e que se pode expresar coma un susurro para a continuación alcanzar doses de elevada electricidade. Bebe estilisticamente en diversas fontes da familia do rocanroll. Música real e que se remoldea en cada concerto nunha interpretación emotiva das cancións. Guiadas pola orixinal voz de Pilo Sierra, as cancións expresan desexo, dor e redención, forza e coraxe. Entre a calma e a tempestade, a harmonía e o drama, The Last Dance ofrece un espectáculo ao tempo potente e lírico. E no que tamén é posible e preciso danzar, co corpo, si, e máis co espírito.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial