O Dr. Steven H. Emerman presenta un informe sobre os riscos da mina de Touro

0

Touro, 26 de xuño do 2019 – Este xoves na Libraría Couceiro, as 11 da mañá. o Doutor . Steven H. Emerman presentará un informe sobre os riscos das balsas de lodo da mina de Touro.

Steven H. Emerman é un recoñecido consultor internacional en hidroloxía e especialista na avaliación da afectación ambiental das explotacións mineiras. É Doutor en Xeofísica pola Universidade de Cornell, Máster en Xeofísica pola Universidade de Princeton e Licenciado en Matemáticas pola Universidade Estatal de Ohio. Ten 31 anos de experiencia no ensino universitario de hidroloxía e xeofísica e 66 publicacións científicas na materia.

o doutor emerman presenta un informe sobre os riscos das balsas da mina de touroEmerman ven de presentar un informe sobre o sistema de presas de lodos en Riotinto, Huelva. No informe, encargado pola ONG internacional London Mining Network e Ecologistas en Acción, advirte da alta probabilidade de inundacións polo inicio de erosión interna das presas.

Na Galiza, o Dr. Emerman ten elaborado informes técnicos sobre o impacto ambiental da mina de Touro e da mina “San Finx” (Lousame). Na rolda de prensa que ofrecerá en Santiago, na libraria Couceiro, acompañado de membros da plataforma veciñal contra mina de Touro – O Pino, explicará os puntos máis críticos do seu estudo do proxecto, do que se agarda unha resolución da Administración dende hai case dous anos, e tamén poderá comentar outros proxectos que está analizando no país.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial