займ срочно

Stravinski no Paraninfo co alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais

0

Compostela, 8 de abril do 2019 – A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa “A Escola na Cidade” que levará hoxe a música de Stravinski ao Paraninfo da Universidade.

A Escola na Cidade é un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo. Hoxe ás 20:30 horas os rapaces ofrecerán un concerto no que os asistentes terán a oportunidade de escoitar Historia dun soldado, do compositor ruso Ígor Stravinski (1882-1971), un dos músicos máis relevantes do século XX. A batuta levaraa o mestre Maximino Zumalave e contarase coa colaboración do actor galego Xosé Barato como narrador.

O autor compuxo esta obra en 1917 a partir dun texto do seu amigo Charles Ferdinand Ramuz para tres actores, o soldado, o diaño e a princesa; e sete instrumentos, violín, contrabaixo, fagot, corneta, trombón, clarinete e percusión. O argumento está baseado nun conto popular ruso. Narra a historia dun soldado que, de volta a casa, atópase co diaño, que o engana para que lle cambie o seu violín -que representa a súa alma- a cambio dun libro que ten a virtude de predicir o futuro.

Novos concertos en abril e xuño

Dentro deste ciclo de concertos de “A Escola na Cidade”, están programadas novas actuacións os días 9 e 10 e abril. E no mes de xuño celebraranse un total de cinco concertos protagonizados tamén por alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais, como colofón dos seus estudos.

Por outro lado, terá lugar o habitual concerto de fin de curso coa Real Filharmonía de Galicia, previsto para o día 6 de xuño no Teatro Principal de Santiago, baixo a batuta do mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da EAEM e da Real Filharmonía de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies