Prazo para subvencións de actividades culturais e deportivas en Silleda

0

Silleda, 13 de febreiro do 2018 – O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publicou as bases reguladoras das subvencións municipais de Silleda a entidades culturais e deportivas para o presente exercicio.

As bases das subvencións foron aprobadas no pleno do pasado 25 de xaneiro, introducindo como modificación xeral respecto ás do ano anterior as datas de xustificación. Así, estas axudas municipais deberán de xustificarse como data límite o 10 de novembro. “Esta vez levamos as bases ao primeiro pleno do ano a fin de axilizar a aprobación das axudas municipais e facilitar que as asociación e entidades poidan cobrar as subvencións dentro do exercicio en curso”, indica a concelleira de Cultura e Deportes, Ana Luisa González.

En total repartirase entre as tres liñas de subvención 98.000 euros, unha cantidade similar ao do pasado ano e que supuxo un incremento de máis dun 30% respecto á anualidade de 2016.

No tocante ás axudas a actividades culturais, a cantidade que se repartirá é de 58.000 euros. En canto ás deportivas as bases inclúen como novidade a categoría de Escolas Deportivas. Así, e segundo recollen as bases a partida total será de 35.000 euros, dos que 10.000€  se distribuirán entre as Escolas Deportivas. Terán consideración de escola deportiva aquelas cun mínimo de 25 nenos/as.

O prazo para presentar as solicitudes as subvencións  será de  30 días naturais contados a partir de hoxe martes, co que as asociacións, entidades e clubs terán como data límite para facer as solicitudes o vindeiro martes 13 de marzo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial