займ срочно

Concerto de Sunset Rollercaster e homenaxe a Ezequiel Méndez en Curtocircuito

0

Compostela, 3 de outubro do 2018 – Hoxe  mércores 3 de outubro, a actividade de Curtocircuíto comezará ás 10h00 co obradoiro Caligrafías sonoras, impartido por Amanda Villavieja, sonidista de cinema documental e de ficción.

As actividades para centros de ensino continuarán coas proxeccións de Criaturas e Teenage Riot, que reunirán arredor de 400 alumnos e alumnas procedentes de centros de toda Galicia. A formación para os máis novos continuará con Canteiras, unha actividade integrada na programación do festival co obxectivo de poñer en valor iniciativas de educación para o cine dentro da nosa comunidade e dos centros educativos de toda Galicia á que asistirán uns 90 estudantes.

Xa pola tarde, o Teatro Principal acollerá de novo as proxeccións dos filmes da nosa Sección Oficial: Explora e Radar. A primeira será ás 18h30, na que estarán presentes os cineastas Helga Fanderl -Konfiguration schwarz und weiss (Configuration in Black and White)- e Eginhartz Kanter -Taking away- para presentar os seus traballos ante o público. Radar, pola súa banda, será ás 20h15, e contaremos coa presenza de Paola Buentempo -Las fuerzas- e Alberto Martín Menacho -Mi amado, las montañas-.

Este mércores será tamén o día de inaugurar unha das novas seccións do festival: Terra, adicada a autores e autoras galegos que contan xa cun universo creativo consolidado ao longo de diferentes obras. Esta primeira sesión estará protagonizada por Xacio Baño e acollerá ás 20h00 en Númax unha escolma dos seus filmes. Nesta mesma sede ás 22h00 tamén terá lugar a primeira sesión da sección Penínsulas, adicada ás películas españolas da tempada, na que estarán presentes os cineastas Guillermo Benet -Los inocentes-, Luis López Carrasco -Aliens- e Laura Ferrés -Los desheredados-.

Sunset Rollercaster

Ás 20h30 no Museo das Peregrinacións terá lugar a Carta Branca a Ezequiel Méndez Vidal, organizada en colaboración co actual Cineclube de Compostela, fundado en 2001 e herdeiro en certa maneira da iniciativa de Méndez e os seus coetáneos. Ademais, o cineasta Bertrand Mandico e a actriz Elina Löwensohn volverán estar presentes na proxección das películas Le Cavalier Bleu, Il dit qu’il est mort, Life and death of Henry Darger, Boro in the Box e Depressive Cop, pertencentes á retrospectiva que o festival lle adica ao director francés.

Para rematar a xornada, Curtocircuito adica unha edición máis as súas noites á música. Nesta ocasión será a a quenda do synth pop multidimensional dos innovadores Sunset Rollercaster, que ofrecerán a partir das 23h30 un concerto na sala Sónar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies