A Supercopa Endesa 2018 disputarase en Compostela co Obradoiro de protagonista

0

Compostela, 9 de xuño do 2018 – O concello de Santiago e o Monbus Obradoiro veñen de confirmar que a Supercopa Endesa disputarase na cidade no mes de setembro.

 A falta de confirmación definitiva por parte da ACB, as datas serán os días 21 e 22 de setembro. Pola Supercopa loitarán, ademais do Obradoiro como anfitrión, o o  FC Barcelona  Lassa, como campión da Copa do Rey Gran Canaria 2018; o Real Madrid, como campión da Euroliga 2017-18, e o  Kirolbet  Baskonia, que está a disputar as semifinais da liga Endesa.

A praza que quedaba vacante para disputar a  Supercopa Endesa 2018 correspóndelle ao campión da liga Endesa. Se este fóra un dos equipos xa clasificados para a  Supercopa Endesa, ocuparíaa o subcampión. E se este tamén tivese xa praza, a vacante ocuparíaa o mellor clasificado da liga regular. Dado que a final só pódena disputar xa Real Madrid,  FC Barcelona  Lassa e  KIROLBET  Baskonia, e os dous primeiros teñen praza asegurada, o conxunto  baskonista ve garantida así a súa participación no torneo como campión, subcampión da liga Endesa ou mellor clasificado da liga regular (foi segundo, por detrás do Real Madrid).

A firma do acordo entre o concello e a ACB terá lugar o vindeiro xoves 14 de xuño, ás 12:00 horas, no  Concello de Santiago, coa presenza do alcalde,  Martiño  Noriega; o director xeral da ACB, José Miguel Quella; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González; o director xeneral territorial Zona Noroeste de Endesa, Miguel  Temboury; o presidente do  Monbus Obradoiro, Raúl López; e a concelleira de Deportes do  Concello, Noa Morais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies