Talía estrea na Estrada o espectáculo “A primeira vez”

0

A Estrada, 27 de marzo do 2019 – O Teatro Principal da Estrada acolle o vindeiro 29 de marzo ás 21,00 h. a estrea do espectáculo A primeira vez, a cargo da compañía Talía Teatro.

A función está programada no marco da carteleira da Rede Galega de Teatros Auditorios (RGTA), impulsada anualmente pola Xunta de Galicia en 40 espazos escénicos galegos e en colaboración cos concellos respectivos. En A primeira vez, Artur Trillo dirixe e versiona ao galego un texto do autor polaco contemporáneo Michal Walczak, un dos expoñentes da nova escena europea. Na peza abórdanse as relacións de parella e a incomprensión desde unha perspectiva traxicómica que reflicte as tensións humanas, con crueldade pero tamén con sentido do humor.

Na interpretación están María Ordóñez e Toño Casais, habituais de Talía Teatro, que acompañaron a Artur Trillo, a Juan M. Constenla, concelleiro de Cultura da Estrada, e a Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), na rolda de prensa de presentación da montaxe, unha proposta á que os seus artífices se refiren como “drama disfrazado de comedia”.

Jacobo Sutil tivo palabras de recoñecemento para Talía Teatro, unha das compañías máis activas e prolíficas do país, que ten previsto para este 2019 a estrea de catro espectáculos. A primeira vez é o segundo destes proxectos, para cuxa materialización contou co financiamento a través da convocatoria de subvencións á produción escénica do pasado ano. 

No marco desta carteleira, o Teatro Principal da Estrada programa outras cinco funcións doutras tantas compañías galegas: as xa realizadas por Chévere e Malasombra e, en próximas datas, as que levarán a cabo Markeliñe con Euria, Galitoon con Facendo o indio e A Panadaría con Elisa e Marcela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial