Talía Teatro inspirase en Goldoni para celebrar os seus 30 anos

0

Compostela, 13 de febreiro do 2018 – O servidor de dous amos, peza clásica de Goldoni, estrearase en Compostela na versión de Talía Teatro para conmemorar os 30 anos da compañía.

O Teatro Principal será o espazo no que Talía Teatro estreará adaptación de Diego Rey da peza de Goldoni. A obra terá catro funcións en Santiago de Compostela, do mércores 14 ao sábado 17 de febreiro, sempre ás 20.30.

A obra foi presentada en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, o actor e director da obra Diego Rey, o actor e director da compañía, Artur Trillo, xunto con Dani Trillo e María Ordóñez, ambos integrantes do elenco da obra. Novoneyra parabenizou aos integrantes de Talía polos 30 anos de andadura e desexoulles cumprir outros trinta anos de “teatro galego e en galego”. A concelleira convidou tamén ao público de Compostela a participar na #posfunción da obra, o encontro aberto co equipo da montaxe que se abrirá o xoves 15 de febreiro ao remate do pase.

O servidor de dous amos

Talía Teatro presenta unha revisión deste texto referencial da  Commedia dell’Arte e ofrece unha re-invención da obra de Goldoni que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal ao tempo que busca incorporar novas formas de teatralidade.

No seu 30 Aniversario, a compañía compostelá  reivindica a concepción do teatro renacentista italiano: a procura da innovación mediante o uso de todas as novidades escénicas posibles, a persecución do “espectáculo total”, a creación dunha obra que capaz de deixar abraiado a todo o público presente.

Datos do espectáculo e venta de entradas

O espectáculo, recomendado para maiores de 13 anos,  ten unha duración aproximada de 75 minutos e conta coa dirección de Diego Rey e Artur Trillo. Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos e Artur trillo compoñen o elenco actoral desta obra que conta con escenografía e iluminación de Diego Valeiras.

As entradas teñen un prezo de 12 euros, co desconto do 50% para os colectivos habituais (desempregados, maiores de 65 anos, xubiladas, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais) e poden mercarse no 981 910 544, en entradas.abanca.com ou no despacho de billetes do Teatro Principal (de martes a sábado, + días de evento, de 18.00 a 21.00 h).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies