Tapas, ceas e charlas cos empresarios de Santa Comba

0

Santa Comba, 16 de maio do 2019 – A marxe da contenda electoral a Asociación de Empresarios de Santa Comba presenta unha intensa programación para as próximas semanas.

Esta mesma fin de semana os empresarios organizan a décima edición da Ruta de Tapas, onde 9 locais darán a tódolos clientes que estean facendo o roteiro as súas elaboracións, participan A Calenda, Café Bar A Nosa Vila, A Landra, Cafetería Rafael, Cafetería Talladas, Cervecería D’Mara, Cervecería Triskel, Hotel Xallas e Restaurante Tío Paco. Ata o 26 de maio poderase disfrutar de  pratos como “tartar”, “carrillera de vaca estofada”, “tosta de ventresca”, “polbo con ameixas e arroz”, “orella ó pimentón”, “o noso cocido”, “pulled de porco”, “timbal de salpicón” ou o “bocado de polbo á galega con queixo san Simón”. Os premios ás mellores tapas daranse a coñecer ao finalizar a Asemblea Xeral da entidade o xoves 30 de maio e procederase ao sorteo dos premios aos mellores tapeadores.

O sábado 1 de xuño ás 22:00 h. terá lugar no Restaurante Leandro de Santa Comba unha cea benéfica a favor da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, dirixida por D. Angel Carracedo Álvarez. (A Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica é unha unidade de investigación dedicada a: Xenética do Cancro, Neuroxenética, Xenética de Enfermidades Cardiovasculares, Xenética Forense, Psiquiatría Xenética e Xenética Evolutiva, entre outras áreas). O prezo da cea benéfica é de 30 euros e xa están a venda os tickets a partir deste nas oficinas da asociación na Rúa Pontevedra nº 9 en Santa Comba, en Foto Teca e PSI Terapia e Formación.

Previamente á cea haberá unha charla sobre o autismo ás 20:30 h. impartida por D. Angel Carracedo, para asistir a dita charla hai que poñerse en contacto cos empresarios e inscribirse no teléfono 981818604 en horario de 10 a 14 h. de luns a venres, a través de whatsapp 633181817 ou ben por mail a correo@empresariosdesantacomba.com
O prazo para retirar os tickets e máis para inscribirse á charla é o 27 de maio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial