Tareixa Navaza na cita do Museo do Pobo Galego Teño unha peza

0

Compostela, 23 de maio do 2017 – O Museo do Pobo Galego dentro das actividades do 40 aniversario invita este martes a Tareixa Navaza ao ciclo Teño Unha Peza.

En Teño unha peza interveñen especialistas de diferentes ámbitos que falarán arredor dunha das pezas do museo. Trátase de dar unha visión persoal, de maneira que a peza pode ser un motivo para a divagación, para falar do museo ou do seus intereses, pois non se trata dunha interpretación técnica senón dun achegamento dende a pesoa e a súa área vital.

Teño unha peza trae esta tarde, a partir das sete, a Tareixa Navaza. A Xornalista comeza a traballar en 1965 na Cadena SER como locutora, e posteriormente como xornalista e locutora realizando as reportaxes para o Informativo Hora 25, así como noutras emisións da cadea como Matinal Cadena SER e Los 40 Principales.

A partir de 1973 entra a traballar en TVE, no seu centro de Santiago. Convértese no primeiro rostro da televisión en galego ao presentar o telexornal da autonómica, Panorama de Galicia. Foi ela quen retransmitiu a chegada dos restos de Castelao a Galicia lendo fragmentos de Sempre en Galiza e un artigo de Novoneyra; como consecuencia desta retransmisión foi destituído como director do centro territorial Alexandre Cribeiro. Despois de ler un manifesto nunha manifestación contra a reconversión do naval en Ferrol é obrigada a deixar de presenta o telexornal. Chegou a ser representante do BNG no Consello de Administración da Compañía de Radio e Televisión de Galicia desde 1994 ata 2002.

Colaboradora tamén de medios escritos como La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Xornal de Galicia e El Correo Gallego.

Voceira do movemento feminista en Galicia. Participou na fundación da Asociación Galega da Muller e da revista de pensamento feminista Andaina

Recibiu o Premio Os Bos e Xenerosos da AELG (2015), o Premio á Muller do Consello da Cultura Galega… entre outros. Muller comprometida, renunciou ao premio da Xunta con motivo do 8 de marzo Día Internacional da Muller, “En solidariedade cos compañeir@s de TVE, pola situación que están a padecer, pola decadencia que está a sufrir unha televisión como a TVE que atinxira cotas moi altas de credibilidade, bo facer e altas audiencias”

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies