Teatro da Maía representa O Fidalgo este venres en Bertamiráns

0

Ames, 21 de marzo do 2019 –  A obra de teatro en verso O Fidalgo, escrita por Xesús San Luís Romero, chega a Ames da man do Grupo de Teatro da Maía. A peza, estreada en 1918 en Santiago, xira en torno á figura dun cacique e a loita que emprenden os labradores e labradoras da zona de Bergantiños contra os foros impostos por esta figura. A representación ten lugar o venres, 22 de marzo, ás 21.00h na Casa da Cultura de Bertamiráns.

A historia dos últimos séculos en Galicia está marcada polo emigración, o caciquismo e a vida rural, temas que Xesús San Luís Romero soubo reunir nunha das súas obras máis coñecidas: O Fidalgo. Estreada o 17 de xaneiro de 1918 en Santiago de Compostela, este drama en verso en tres actos contou dende o comezo cunha forte acollida do público, que se traduciu en máis de 200 representacións ao longo da vida do autor, tanto dentro como fóra de Galicia.

Este venres, máis de 100 anos despois da súa estrea, o Grupo de Teatro da Maía trae de novo a Ames esta obra na que se conta como un xove anima a todo un pobo a loitar contra os foros e o poder do fidalgo, un autoritario cacique da comarca de Bergantiños que goberna á súa vontade as vidas da xente que vive nas súas terras. Unha peza de gran dificultade debido ao amplo número de personaxes que interveñen na acción e á súa condición de teatro en verso.

Adaptada por Antonio Rodeiro, o elenco está formado por máis de quince persoas. As entradas para asistir a esta representación están esgotadas dende o pasado venres, pero as persoas que non puidesen facerse cunha entrada para esta ocasión terán unha segunda oportunidade o vindeiro venres 3 de abril na Casa da Cultura do Milladoiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial