O grupo de teatro de maiores de Brión pon en escea “Doutora Dioni, médica de cabeceira”

0

Brión, 28 de xuño do 2019 – Trangalleiro Teatro, o grupo de teatro afeccionado integrado por maiores de Brión, representará a obra “Doutora Dioni, médica de cabeceira” hoxe venres, ás 21:00 horas, no auditorio do centro social polivalente brionés. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

“Doutora Dioni, médica de cabeceira” é unha comedia dirixida por Nito Cotelo García e que conta coa participación de nove maiores do municipio, que porán en escena unha divertida peza sobre o que acontece nunha consulta médica, se ben non é unha peza recomendada a menores.

cartel da Obra Doutora DioniSobre o escenario estarán Pilar Acevedo Blanco, Isabel Aboal Seijas, Mercedes Cajuso Fernández, Rosa Barbazán Neo, Mary Carmen Castro, Marina Montero Feriña, Andrés Iglesias, Isolino Cantelar Pais e Lola Otero Brea.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial