Teatro do Noroeste e Concello de Ames conmemoran os trinta anos de carreira da compañía

0

Ames, 19 de xaneiro do 2019 – O vestíbulo da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle ata o 31 de xaneiro a exposición Teatro do Noroeste: 30 anos actuando, na que se fai un percorrido non só pola traxectoria desta importante compañía teatral afincada en Ames, senón tamén supón un reflexo das tres últimas décadas do teatro galego.

Teatro do Noroeste achega ata a Casa da Cultura de Bertamiráns unha selección dunha exposición más ampla para conmemorar o aniversario. A través de deseños de vestiario, roupa, fotos e carteis explicativos faise un resumo dos 37 espectáculos, as máis de 1250 representacións e os 167 profesionais que forman parte da historia da compañía dende a súa fundación, en 1987.

Durante a presentación da exposición Luma Gómez remontouse aos orixes da compañía, que xurdiu coa vocación de representar un amplo repertorio do teatro de todos os tempos e, ao mesmo tempo, acoller tamén o traballo de autores galegos. Asemade, recordouse a etapa de Teatro do Noroeste na Sala Iago de Santiago de Compostela, na que xestionaron o departamento teatral entre o 2001 e o 2007, e onde non só actuaron e serviron de altofalante para outras compañías, senón tamén achegaron o teatro aos escolares.

Dita mostra, que serve tamén como un reflexo do desenvolvemento do teatro galego durante as tres últimas décadas, con diversas caídas que cristalizaron nas producións teatrais, tamén reflexa a loita da compañía pola mellora dende dentro das condicións dos traballadores, tanto do corpo técnico como do artístico, e a súa defensa da profesionalización da labor teatral.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial