Teatro e cine na fin de semana de Teo

0

Teo, 11 de setembro do 2020 – A programación cultural desta fin de semana trae a Teo teatro familiar e cine ao aire libre con propostas moi interesantes.

Hoxe venres ás 19:30 horas Redrum teatro leva á Teo  A nena que quería navegar. O espectáculo será na Praza dos encontros, na Ramallosa, ao aire libre. Segundo explican dende a compañía A nena que quería navegar é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.

O sábado 12 nova sesión de cine ao aire libre. María Solinha tamén na Praza dos encontros, na Ramallosa. Ás 21:00 horas farase a presentación da película co seu director, Ignacio Vilar e ás 21:30 a proxección da mesma. Neste filme participa a actriz e veciña de Lampai Mabel Rivera. Na película, de Vía Láctea Films, cóntase como un director chega a Cangas do Morrazo, en Galicia, para reconstruír no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII segundo se indica na sinopse da productora.

Ambas actividades teñen o aforo limitado e o acceso farase con reserva de entrada que se pode facer chamando ao 881957534 ou ao 881956010 en horario de 08:00 a 14:00 horas.

Teatro e cine na fin de semana de TeoPeter Punk en Bamonde

Dentro das actividades programadas nas parroquias este domingo 13 Peter Punk Pallaso co seu espectáculo Chungo que te cajas. Será no campo da festa ás 19:30 horas. É un espectáculo dirixido a un público familiar ao aire libre e non é preciso reservar entrada.

A programación das actividades está adaptada á normativa en vigor da Covid-19 e supedita a posibles cambios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial