займ срочно

Teenses pola Igualdade concede os María Mariño de Poesía

0

Teo, 9 de maio do 2017 – Onte reuniuse en Teo o Xurado calificador dos traballos presentados ao VI Premio de Poesía María Mariño que convoca a Asociación Teenses Pola Igualdade para otorgar os galardóns do certame.

O xurado  decidiu por unanimidade outorgar o Primeiro Premio a María Teresa Igrexas Yugat, mestra do Colexio García Barros da Estrada pola súa obra “Nos arrabaldes do tempo”,

o segundo Premio recaeu na autora compostelá Claudia Castro, xornalista e filóloga, pola súa obra “Ela, muller en construción”.

 Teenses pola Igualdade convocou a un xurado de luxo composto polos filólogos, escritores, e xornalistas Ramón Brea, Guillermina Dominguez, Marisol López, María José Rodriguez, Manuel Rodríguez, tívoo difícil de dilucidar dada a alta calidade dos traballos presentados ao xa veterano Certame teense.

As premiadas recibirán o seu galardón durante a Gala Literaria que terá lugar o próximo día 19 de maio coincidindo coa celebración do Día dás Letras Galegas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies