Os apoios insuficientes obrigan ao Tenis de Mesa Oroso a renunciar á elite

0

Oroso, 23 de xullo do 2018 – Malas noticias para o deporte da bisbarra, o Tenis de Mesa Oroso vese obrigado a renunciar a máxima categoría por motivos económicos.

Equipo que conseguíu no 2017 manterse na élite á que agora teñen que renunciar

O Tenis de Mesa Oroso ven de anunciar que renuncia a á máxima categoría nacional feminina, a  Superdivisión Nacional Feminina, e competir na división de prata, División de Honra. O Oroso feminino levaba dúas tempadas consecutivas competindo entre os mellores equipos de España, algo moi difícil de lograr co baixo orzamento do que dispoñen. A tempada do seu debut, 2016/2017, o equipo que partía co único obxectivo de manterse, realizaba unha actuación excelente non só logrando o seu obxectivo a falta de varias xornadas para acabar a competición, senón que tamén lograrían clasificarse para a  ETTU  Cup (competición europea) por primeira vez na historia dun equipo de calquera deporte no  Concello de Oroso. Con todo, a falta de orzamento e de axudas públicas e privadas obrigaron ao club a renunciar a participar na mesma.

Nesta tempada que acaba de finalizar (2017/2018), o  CTME Oroso facía un esforzo titánico nunha liga de altísimo nivel e, tras pasar toda a tempada ocupando postos de descenso, lograba en abril, na última xornada de liga, alcanzar a permanencia ao gañar ás cántabras do  Torrelavega. Pero a alegría só durou apenas dous meses xa que esta mesma semana a directiva comunicaba a decisión de renunciar á máxima liga nacional. Os motivos de tan dura decisión, explica a directiva, foron principalmente dúas: por unha banda a falta de apoios económicos tanto públicos como privados suficientes como para poder competir con certas garantías outro ano máis “Levamos dúas tempadas facendo verdadeiros sacrificios económicos desde o club, esperando a posible chegada de máis axudas. Pero estas non chegan, e a situación chegou a un punto que é insustentable se non queremos hipotecar á canteira, algo impensable coa nosa política”.

Nun deporte minoritario, cunha visibilidade moito menor que outros máis coñecidos e con máis respaldos, a obtención de recursos económicos sempre foi un dos principais problemas para este club que debe viaxar por toda España varias veces ao ano con todas as súas categorías. A súa complicada situación sumouse agora a nova normativa que a Real Federación Española de Tenis de Mesa impuxo, de sorpresa e sen apenas tempo de reacción, para a próxima tempada. Entre os novos requisitos destacan medidas tan prexudiciais para os  como a implantación do desprazamento único, o ranking mínimo ou os novos requisitos dos terreos de xogo “Con esta normativa duplicaríase o noso orzamento para a próxima tempada, e non tivemos a penas tempo de reacción xa que a Circular da Federación publicouse este mes. Cos novos requisitos para os terreos de xogo, non había ningún local no  Concello de Oroso onde puidésemos competir sen perigo de que nos sancionasen e retirásennos da competición. Sería un suicidio saír nestas condicións.”

Oroso perde ao único equipo deportivo co que contaba o  Concello competindo na máxima categoría nacional e que tantas alegrías deu durante estes anos. Sen ir máis lonxe, a medalla de bronce alcanzada o mes pasado nos Campionatos de España pola xogadora do primeiro equipo, Paula Bo. O presidente, Francisco Castro, explica  “Agora toca recuperarse deste pau e volver con máis ganas, traballando como o fixemos sempre. É duro perder unha categoría que o equipo gañara na mesa, por motivos alleos ao meramente deportivo. E é moi duro tamén perder a xogadoras tan importantes para nós como o foi Paula Bo, peza fundamental no noso equipo. Só esperamos que algún día recoñézanse os esforzos e o traballo que está a facer este club e obteñamos a axuda necesaria para volver á elite do tenis de mesa nacional, porque de verdade cremos que ese é o lugar que se merecen os nosos socios e xogadores”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial