Teo, 12 anos despois

0

Teo, 31 de maio do 2019 – Teo está nunha situación moi parecida á das eleccións do 2007; Psoe e Son de Teo, en aquela época BNG, levan nas súas filas aos que non chegaron a acordos hai 12 anos.

O 2007 foron os comicios nos que a esquerda conseguiu sacar da alcaldía a Armando Blanco. O BNG con 6 concelleiros e o Psoe con 4 sumaron máis que os 6 do PP e o concelleiro de InTeo que sostivera a lexislatura anterior. Hai 12 anos as negociacións, igual que agora, presentábanse complexas.

No 2007 Jano Leis anunciaba que lideraría as negociacións polo Psoe pero a decisión de Martiño Noriega de delegar esa cuestión en Rafa Sisto facía que reconsiderara a súa postura e decidira, tamén, delegar. No lado socialista da mesa estaba o actual secretario de organización, José Manuel Elías, e xunto a el Sandra Riveiro. Precisamente Sandra por un lado e Rafa Sisto polo outro comunicaron  a distintos medios que as conversas chegaran a bo porto e habería un goberno de coalición. No último momento e con acusacións cruzadas todo quedou en nada.

Foron catro anos moi convulsos. O Psoe cunha oposición moi dura desde o primeiro pleno. Temas como as dedicacións exclusivas,  o Pxom ou a construción dunha galescola serviron de campo de batalla mentres que o PP de Armando Blanco e o independiente Manuel Parajó miraban divertidos o espectáculo.

No 2011 a cidadanía castiga duramente ao Psoe que pasa de 4 a 1 só concelleiro. Jano Leís abandona e cede a concellaría a Uxía Lemus. No 2015 Lemus consegue un concelleiro máis e entra no goberno, con Rafa Sisto como alcalde, no que durante os últimos catro anos encargouse da concellaría de urbanismo.

E así chégase ao momento actual. Si a negociación hai 12 anos foi complicada, con 6 concelleiros nacionalistas e 4 socialistas, que pode pasar agora con 4 e 4?. O certo é que despois de tanto tempo os protagonistas da negociación, de xeito directo ou indirecto, son os mesmos. Conseguirán Rafa Sisto e José Manuel Elías o acordo que se rompeu no último segundo do 2007?.

O certo é que antes de sentarse xa apareceu o primeiro punto de fricción. O Psoe nun comunicado di literalmente que “Os Socialistas de Teo procurarán a consecución de acordos estables de goberno, sempre de tipo progresista, incluso con Uxía Lemus como candidata a alcaldía, goberno que debe refletir a nova situación surdida da decisión soberana da cidadania” no que xa anticipan que o feito de ter menos votos que Son de Teo non ten porque ser un obstaculo para que Lemus sexa alcadesa. 

Pola súa banda os nacionalistas, no se propio comunicado, adiantaban que “Son de Teo asume con responsabilidade o mandato da cidadanía de liderar a formación do novo goberno con Rafa Sisto como alcalde”, Dous comunicados que deixan a primeira decisión a tomar por ambos os dous grupos, quen será o rexedor?.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial