Teo comeza o ano cun curso de fotografía

0

Teo, 7 de xaneiro do 2019 – O concello de Teo prepara para os dous primeiros meses do ano unha serie de actividades para a mocidade entre as que destaca un curso de fotografía mobil.

O curso de fotografía forma parte dunha programación máis ampla da que a concelleira María López explica que “queremos ter unha oferta dalgunha actividade mensual de interese para a mocidade, que poidan desfrutar de tempo de lecer no concello, polo que a programaremos para algún sábado de mediados de cada mes”.

QuedaTeo

O programa QuedaTeo xoga coa idea de quedar coas amizades no seu propio lugar de residencia. Comezará este xaneiro cun obradoiro de fotografía co móbil e continuará nos meses seguintes con actividades de voo de drons e un xogo de escape room. As actividades son de balde. O obradoiro de fotografía co móbil será o sábado 18 na Casa Común dos Tilos de 19:00 a 21:30 horas.

curso fotografía en TeoImpartido por Illa Bufarda, está dirixido a rapazada entre 12 e 16 anos. Para participar non é preciso ter móbil, tamén se pode acudir cunha tableta. As prazas ofertadas son 20. A inscrición abre o 2 de xaneiro, por orde de entrada, enviando o nome completo das persoas asistentes ao enderezo de correo electrónico: mocidade@teo.gal.

Servizo de autobús

As actividades realizaranse en diferentes parroquias. Para paliar as dificultades de mobilidade de moita xente nova, Mocidade oferta un servizo de autobús nestes obradoiros. Segundo a demanda dos dous primeiros meses decidirase se continúa o transporte. Será preciso un mínimo de persoas interesadas. As persoas que queiran usar o bus terán que indicalo na inscrición, concretando a parada que lles interesa. O horario de recollida sería confirmado por correo electrónico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial