Teo “moderadamente satisfeito” co arquivo do proxecto da Casalonga

0

Teo, 21 de setembro do 2018 – O concello de Teo mostrase “moderadamente satisfeito” despois de que a Xunta de Galicia arquivara definitivamente o proxecto de planta de residuos na antigua canteira da Casalonga.

O proxecto da Casalonga xa fora informado desfavorablemente polo concello o pasado día 4 e na documentación remitida a Xunta solicitábase o arquivo que agora se realiza. Este arquivo non acaba coa ameaza nin en Calo nin en outras partes como explica o alcalde Rafa Sisto “A única solución para alonxar a ameaza de Toysal é un cambio normativo na lei do solo de Galicia ou no PRIGA que impida que este tipo de plantas se poidan instalar a poucos metros de núcleos con alta densidade de poboación. As competencias que lle deixa a lei do solo aos Concellos diante de actividades perigosas coma esta ou as pirotecnias son moi escasas. Neste momento temos conseguido parar un intento de agresión máis non sabemos se teremos armas para parar o seguinte”.

O próximo martes o alcalde, representes dos partidos políticos de Teo e a plataforma Casalonga Limpa de residuos manterán un encontro solicitado dende o Concello coa Directora Xeral de Calidade Ambiental, na que “agardamos que unanimemente se volva solicitar un cambio normativo” indica Sisto. 

Plan de restauración

En relación coa empresa Toysal neste  momento o Concello traballa noutra solicitude de informe que se pide dende Minas, dependente da Consellería de Industria, sobre o plan de restauración que presenta a empresa despois de mercar os dereitos mineiros da explotación Casalonga. A firma viguesa propón encher o oco da canteira con inertes e abre a posibilidade de cubrilo con tecnosolos. Xa se ten solicitado una xuntanza co director xeral de Minas para falar deste tema.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial