O Goberno Municipal de Teo terá por fin soldos

0

Teo, 1 de agosto do 2019 – BNG e Goberno Municipal de Teo dan pequenos pasos atrás para poder avanzar e deixan vía libre aos soldos para alcalde e concelleiros.

Unha proposta presentada sen previo aviso polo alcalde. Rafa Sisto, que levou ao BNG a ter que pedir un receso para consultar co partido que postura adoptar. A abstención dos nacionalistas posibilitou finalmente dotar de soldos ao rexedor e concelleiros e pecha por fin o capitulo de organización.

Teo pleno soldos

Imaxe do anterior pleno de organización

Rafa Sisto propuxo, e conseguiu aprobar, unha masa salarial total similar á do 2015, 185.000 euros brutos. Tamén diminuíu unha das nóminas parciais dun 75% a un 50% co que quedan en total en 5,5 dedicacións, media máis das que poñía como límite o BNG. 

Salarios

O alcalde pasa de 42.000 euros, primeira proposta, a 40.000 € brutos ano. As dedicacións exclusivas pasan de 32.000 € a 30.000 € e a parcial baixa de 25.800 € a 17.000 €. 

Con soldos pero nada máis

O BNG expresaba tras o pleno que “o noso obxectivo non era, como dicía o Alcalde, impedir a labor de goberno senón que, e tendo en conta a correlación de forzas, recuperar o diálogo como práctica normal en Teo e lograr consensos fronte á actitude de imposición destes últimos anos por parte do goberno municipal”. Nunha nota de prensa os nacionalistas foron moi críticos coas formas e cargan as tintas contra o alcalde Rafa Sisto. No pleno insistiron en que a abstención non é un cheque en branco o que evidencia que o novo goberno municipal terá que negociar cada decisión de calado que queira sacar adiante.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial