займ срочно

A negociación dos orzamentos de Teo abre novos debates

0

Teo, 14 de novembro do 2019 – Despois dos problemas para conseguir un goberno municipal estable os orzamentos sentan de novo na mesa a Psoe, BNG e Son de Teo.

O BNG ven de emitir un comunicado no que anuncia unha próxima reunión para achegar posturas de cara aos orzamentos 2020. O portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, explica que “é necesario que o goberno local dialogue e chegue a acordos co BNG, a posición do Bloque sempre foi a prol do diálogo e desta volta tamén será así, aínda que como xa reiteramos en moitas ocasións iso non supón un cheque en branco, polo que hai que chegar a consensos dos que saian acordos”.

Ao mesmo tempo o BNG pon xa algunhas bases e indica que “será garantía duns orzamentos máis sociais, con investimentos en infraestruturas e servizos, que aposten pola seguridade viaria, levando o saneamento e o abastecemento de auga a toda a veciñanza, mellorando dotacións, cunha programación cultural digna dun concello como Teo; en definitiva, uns orzamentos que acaden melloras para o conxunto da cidadanía”.

O responsábel local, Manuel Barreiro, lémbralle a Son de Teo e PSOE que “é o momento de poñerse a traballar polos veciños e veciñas e deixarse de retrasos e manobras arteiras para gobernar sen dar contas”, e que o BNG “non permitirá acordos que hipotequen as contas do concello nin recorten dereitos civís como o asinado co arcebispado”, e agarda que “o alcalde exerza como tal e abandone as continuas saídas de ton e manteña as formas”, dito isto subliñou que “no BNG estamos dispostos a chegar a un acordo para elaborar uns orzamentos para a veciñanza atendendo ás moitas demandas e necesidades do noso concello”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies