Teo ordea que non se use a caldeira do Aulario infantil dos Tilos

0

Teo, 18 de febreiro do 2017 – A concelleira de Educación, Pilar Faxil, deu traslado onte ao CEIP dos Tilos do Informe técnico do estado da sala de caldeiras do CEIP dos Tilos, solicitado para valorar o estado desta instalación que afecta só ao aulario de infantil.

Á vista das conclusións deste informe recoméndase non seguir usando a citada caldeira ata que a Consellería de Educación a substitúa.

Desde ese momento xa se informou ao centro dos Tilos de que non se encendera e dende o Concello facilitáronse radiadores eléctricos como medida temporal para que o alumnado non pase frío.

O informe xa se lle trasladou, ademais de ao centro educativo, á ANPA e á Xefatura Territorial de Educación. Dende a Xefatura comprometéronse a enviar un técnico ao centro o próximo luns para valorar a situación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial